Almacén de recambios con MantPro
Unha avaría que se alonga porque «criamos que quedaba un» custa máis ca o recambio. MantPro leva o almacén de recambios de mantemento xunto coas máquinas e os traballos: sabes que hai, onde está, que se gastou en cada reparación e que hai que pedir. É de balde e de código aberto, sen límite de artigos nin de usuarios.
Cada recambio no seu sitio
- Estrutura en tres niveis, andel → balda → sección, con oco no chan se o hai.
- Ficha de cada artigo con código, nome, descrición, unidade, stock mínimo, localización e foto.
- Busca por nome, código, descrición ou localización.
- Aviso de artigos repetidos ao dalos de alta (mesmo código ou nome moi parecido).
- Exportación a PDF, Excel ou CSV do almacén enteiro, unha zona ou un andel, ordenada por localización para percorrelo coa lista na man.
Entradas, saídas e traslados con historial
Cada movemento queda rexistrado con data, cantidade, usuario e motivo, e os cambios de localización quedan como traslados (de que sección a cal). As saídas a man non poden deixar o stock en negativo.
Recambios ligados ás máquinas e aos traballos
- Cada máquina ten a súa lista de recambios, coa cantidade que leva, o stock e a localización (en vermello se está baixo mínimo).
- Cada artigo di en que máquinas se usa.
- Ao rexistrar un traballo, no PC ou no móbil, anótanse os recambios usados e descóntanse sos do almacén, co prezo dese momento: o custo de cada reparación queda gardado aínda que despois cambie o prezo.
Stock mínimo e pedidos
A lapela Stock baixo mínimo amosa o que falta ou está por debaixo do mínimo, co seu número no título para que non pase desapercibido. Os administradores teñen ademais:
- Provedores e provedor habitual de cada artigo, con historial de prezos.
- Pedido suxerido segundo o stock obxectivo e o múltiplo de pedido.
- Pedidos que se envían por correo, WhatsApp, teléfono ou PDF.
Varios almacéns e sedes
O almacén principal e os que fagan falta: un por planta, un común ou a furgoneta dun técnico. Cada artigo leva o seu stock, mínimo e localización en cada almacén, e con Traspasar móvese stock dun a outro. O pedido suxerido calcúlase almacén por almacén, co enderezo de entrega de cada un.
Revisión periódica do stock
Para que o stock do programa coincida co do andel, cada almacén ten o seu ciclo de revisión (diario, semanal ou mensual) e un número de artigos por revisión. A app MantPro Stock propón cada vez uns artigos ao chou para contalos e corrixilos, sen ter que buscalos.
App MantPro Stock: o almacén no móbil, sen conexión
A app Android MantPro Stock é para quen leva o almacén:
- Navegar por andeis, baldas e seccións, e buscar artigos.
- Rexistrar entradas, saídas e traslados e dar de alta artigos.
- Ver a lapela de stock baixo mínimo e en que máquinas se usa cada recambio.
- Funciona sen conexión: garda todo no móbil e sincronízao co PC en canto volve estar accesible.
Os técnicos non necesitan esta app para gastar recambios: fano dende a app MantPro ao completar un traballo. Máis en mantemento preventivo.
Preguntas frecuentes
Podo importar o meu almacén dende Excel?
Si. MantPro importa os artigos do almacén dende Excel ou CSV, cun modelo descargable ou dende o teu propio ficheiro, emparellando as columnas soas e con vista previa antes de importar.
Descóntanse os recambios ao pechar unha reparación?
Si. Os recambios que se anotan nun traballo, dende o PC ou dende a app do móbil, saen do almacén automaticamente e quedan gardados co traballo e o seu custo.
Podo levar o stock dunha furgoneta ou doutra planta?
Si. Podes crear varios almacéns por sede, ou comúns a todas, e traspasar stock entre eles.
A app do almacén funciona sen cobertura?
Si. MantPro Stock consulta os datos gardados no móbil e deixa rexistrar movementos ao momento; envíanse ao PC cando volve haber conexión.
Ten algún custo ou límite de artigos?
Non. MantPro é de balde e de código aberto, sen límite de artigos, almacéns nin usuarios.